top of page

Antonio do Nicho
Viño artesán

Antonio do Nicho é un viño artesán, feito á man na finca "A Mingona” 

Mencía e Garnacha, vinificadas por separado.

Un viño feito na viña, coidando acio a acio.

Sen herbicidas, insecticidas nin pesticidas.

Maceración en frío, fermentación espontánea coas propias levaduras da uva

e trasegas polo seu propio peso, sen bombas.

Só se filtra para o embotellado, dose mínima de sulfuroso.

Estabilización natural polo propio frío da adega no inverno, polo que pode conter residuos.

Despois do embotellado, almacénase sempre á mesma temperatura.

Non buscamos sabor nin cantidade, facemos o que cada ano nos dá A Mingona, así de natural. 

Ubicación A Mingona (Sureste) - Altitude: 430 metros - Pendente: 50% - Solo: Granítico

DSC_5580.jpg
DSC_5422.jpg
DSC_5458.jpg
DSC_5495.jpg

Fotos:  Lucía Cereijo Fotografía

- A nosa maneira de facer as cousas -

A terra que nos viu nacer non merece un futuro incerto, e nós temos que ser capaces de poñer o noso pequeno gran de area. Este é un proxecto moi cativo pero cheo de ilusión e gañas de traballar no entorno que máis nos gusta.

É difícil facer viño nestas terras, pero é fermoso ter diante este reto i esta paisaxe que anima a conservala.

Utilizamos abono orgánico, sen herbicidas, pesticidas nin insecticidas.

Cando os acios xa son grandes, deixamos a desbrozadora e limpamos co fouciño para non danalos.

Deste xeito, a Mingona está sana, e o rural non morre!

20200217_162520.jpg

© 2018 Antonio do Nicho

bottom of page